Os resultados das presidenciais guineenses que desputaron a súa segunda rolda nesta fin de semana coñeceranse nos vindeiros días. O favorito é o actual primeiro ministro, Malam Bacai Sanhã, que xa gañou a primeira volta o 19 de xuño. Tanto el coma o seu rival, João Bernardo Vieira, ex-golpista metido a demócrata, prometeron poñerlle fin aos anos de inestabilidade social e política do país. O presidente interino, o militar Henrique Rosa, animou o pobo a unirse e pediulle á poboación que non estragase esta posibilidade. Durante a campaña houbo diversos enfrontamentos cos partidarios do ex-presidente Kumba Ialá, que estabelecera un réxime autoritario logo de vencer as únicas eleccións democráticas na historia deste pequeno e pobre estado lusófono. Nunha desas liortas a policía guineense matou un manifestante.
• Máis información sobre os candidatos e o proceso.