Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
[FÚTBOL][CELTA 2 – 2 RÁCING DE SANTANDER]

O Celta deixa escapar dous puntos nunha segunda parte nefasta

Cara e cruz en tan só noventa minutos. O Celta realizou a mellor primeira metade no que vai de campionato e deixou escapar a vitoria nunha desastrosa segunda parte. Baiano, de penalti, e un inspirado Bamogo anotaron os goles celestes nun primeiro tempo dominado polos de Vigo.

- 18:53 25/02/2007
Tags:

Na segunda metade Munitis toleou a defensa celeste cos seus caneos e centros. O ex deportivista marcou o 2-1 e Vázquez deu entrada a Lequi por Bamogo. O arxentino sería substituído pouco despois de que Cristian anotase o 2-2 definitivo desde os once metros. A humillación pública a Lequi, malia que saíu porque tiña un cartón, enfureceu a parte da bancada celeste que volveu pedir a dimisión do adestrador.

O bo é que o Celta con este punto sae momentaneamente dos postos de descenso. Con vinte e seis, queda a un punto de Betis e Levante, empatado co Mallorca e por enriba do Athletic.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: