Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais07

Análise do MpDC: "preocupante" calidade democrática nos comicios municipais

Uso partidista de cartos públicos, sospeitosos enriquecementos, censos inflados, mortos que van á urna... Así o avalía o Movemento polos Dereitos Civís.

Redacción - 17:50 23/05/2007

"O resultado dificilmente podería ser máis desesperanzador", láianse desde o Movemento polos Dereitos Civís, MpDC. O colectivo fixo un seguimento especial da información municipal difundida polos medios galegos nos últimos meses, fixándose nas irregularidades que veñen saíndo á luz pública.

A contratación de conseguidores de votos, as "sospeitas fundadas" de que nalgúns municipios "mércanse votos"... Como "símbolo" exemplificante da situación citan as probas de que nas urnas apareza o voto de persoas xa falecidas.

Fronte a esta situación, o MpDC alerta do erro da argumentación habitual de que son "casos illados" ou sen trascendencia froito de "tentacións individuais". Diante da suma de exemplos, advirten de que se trata das consecuencias de mecanismos democráticos "extremadamente deficitarios" que facilitan a corrupción do sistema electoral. "Urxe unha nova regulación", piden.

Critican tamén a lentitude e a inoperancia da xustiza fronte a estes casos, subliñando que "hai recursos abondo" para investigar todas estas situacións, pero paradoxalmente, a Fiscalía afirma que "non lle compete ser a garante da limpeza do proceso". Ao tempo, denuncian que as xuntas electorais actúen moitas veces a posteriori das violacións das garantías legais, e a maioría das veces ocúpanse dos casos máis simples, como peticións de voto antes da campaña, deixando "sen sancións contundentes" os casos máis graves.


Ligazóns

5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: