- Como se pon de manifesto no proxecto esta mina ocupará unha extensión considerable nunha zona colindante co Parque Natural das Fagas do Eume durante a vida útil de dita explotación, máis de 54 anos. Tal intrusión no mellor bosque costeiro atlántico europeo non pode ser de ningunha maneira permitida por unha sociedade que se di desenvolvida. Pistas asfaltadas, balsas de decantación de lodos, escombreiras de 900.000 m3 , escavacións con técnicas de extracción de ripado en 5 ha, modificación do Rego de Cernada mediante unha balsa para suministro de auga...todo elo nun lugar de alto interes faunístico, perto de zonas de cría e campeo do Lobo e de uso do Buho Real entre outras especies protexidas.
- Segundo a Lei 9/ 2001, de agosto, de conservación da natureza di no artigo 12, “Os parques son áreas naturais, pouco transitadas polas actividades humanas, que, en razón da beleza dos seus sitios, da representatividade dos seus ecosistemas ou da singularidade da súa flora, fauna ou formacións xeomorfolóxicas, posúen uns valores ecolóxicos, educativos ou científicos dos que a súa conservación merece unha atención preferente.[..] Nos parques poderase limita-los aproveitamentos dos recursos naturais, prohibíndose en todo caso os incompatibles coas finalidades que xustificasen a súa creación”.Parece pois evidente que esta obra o xerar un forte impacto no Parque Natural das Fragas do Eume, a Consellería de Medio Ambiente como responsable da xestión dos espazos da Rede galega de espazos naturais protexidos, ten que denegar o permiso de explotación.
- Este proxecto que se somete a información pública ven a ser a corrección do presentado no ano 2003, do cal a Dirección Xeral de Calidad e Avaliación Ambiental considerou ambientalmente inviable na resolución de setembro de 2006, en base as seguintes consideracións: 1- Afectaba en 40 Ha ó Parque Natural Fragas do Eume
2- Destruía hábitats importantes como. .
Uceiras húmicas atlánticas de zonas mornas de Erica ciliaris e Erica tetrálix (código 4020 e hábitat natural prioritario) .
Uceiras secas europeas (código 4030 e hábitat natural de interese comunitario ) Parece pois lóxico pensar que o novo proxecto debería ser tamén ambientalmente inviable ó xuízo da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, xa que este segue afectando ó Parque Natural e os hábitats naturais citados. - Estupefactos puidemos ler na prensa a existencia dun presunto “pacto” entre a Consellería de Medio Ambiente e a empresa beneficiaria do proxecto, cabe esixir unha explicación por cada unha das partes sobre as condicións de dito “pacto” no caso de existir. Tal manobra política debería ser rechazada en todo momento ó saltarse tódolos procedementos legais do proceso de concesión.
- O plan de seguimento e vixiancia é moi escaso e pouco adecuado, por exemplo, non prevé situacións de emerxencia ante a rotura dunha balsa de decantación.
- No tocante as instalacións de tratamento e os reactivos a empregar atopamos unha insuficiente explicación, sendo un dos aspectos que maior impacto pode causar ante unha hipotética filtración, rotura de balsa ou verquido de reactivos, solo se citan algúns reactivos como o preparado ferrosicílico e suspensións pero sen indicar nin sequera os reactivos líquidos e floculantes que se pensa usar. E moi importante coñecer os ácidos decapantes que se van a usar na separación do mineral para coñece-lo seu posible impacto.Tampouco se reflexa como será alimentado o secador , dise que pode ser con gasoil ou propano, nin sequera se teñen en conta modelos de produción de enerxía respetuosos co medio, propoñendo enerxías alternativas.
- En canto os verquidos, en ningún momento se caracteriza de ningunha maneira os verquidos a balsa de estériles, definíndoos como elementos inertes sen ningún perigo cando parte do mineral a extraer procede de asociacións químicas con metais pesados como arsénico, de gran poder contaminante. Por tanto o proxecto elude caracterizar químicamente os lodos a verter na balsa de estériles dada a perigosidade da súa composición e non ofrece alternativas de tratamento, nin métodos de neutralización deses compostos. Dada a composición claramente tóxica e perigosa destes residuos os que o estudo quere chamar inertes, deberían ser tratados por tanto como residuos tóxicos e perigosos. Por outra banda para o deseño da balsa non ofrece datos clarificadores de si dalgún modo se pode chegar a saturación da mesma e producirse un episodio de contaminación moi grave. Non se di con que frecuencia, nin como será a limpeza das balsas.
- E polo menos neglixente a inexistencia dun estudio hidrolóxico adecuado as características da explotación proxectada, a existencia de estruturas susceptibles de producir contaminación freática e fluvial e as dimensións e localización da obra nun Parque Natural fan ó noso xuizo imprescindible tal estudio.
- Unha mostra máis do pouco rigoroso deste estudio é a ausencia de Bibliografía e estudios rexionais e locais, así como o feito de que en ningún momento se fai referencia os catálogos rexionais de especies ameazadas nin a lexislación autonómica.
- Queremos calificar de insultante que a única medida que se toma no proxecto por factores ambientais, é o compromiso de manter unha masa de pino para o seu uso como efecto pantalla, para producir un impacto visual nulo dise.
- O proxecto xustifica a explotación como de utilidade pública e social polo artigo 2 da ley de minas, parece máis que superado este tema coa cantidade de lexislación autonómica que protexe o Parque Natural dende a súa declaración por decreto 218/1997 do 30 de xullo,a incidencia supramunicipal do proxecto tamén a poñemos en dubida co artigo 4 do decreto 80 /2000 que dispón : “...hai que ter en conta entre outros criterios os efectos positivos que produza no medio ambiente, paisaxe rural e no patrimonio cultural...” Non vemos por ningún lado estes efectos positivos.
- Si vemos como algo positivo os postos de traballo xerados pola empresa, pero se o Parque Natural tivera unha xestión apropiada, creación dun equipo de educación ambiental específico, aumento do servizo de vixiancia, necesitaría un número superior de empregados os ofrecidos pola mina. Cremos máis que suficientes estes argumentos para solicitar a retirada do “Estudio de impacto ambiental e o plan de restauración do proxecto da concesión de explotación Sonsoles IV 1ª fracción número 6156.1, da provincia da Coruña e promovido por Picobello Andalucita”. Ou que a perceptiva Declaración de Impacto Ambiental sexa NEGATIVA, e que en consecuencia non se permita a construción do proxecto.