Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Están aí, nos dominios máis coñecidos

As grandes webs témenlle aos 'okupas' da rede

Os erros ortográficos dos usuarios ao escribir os nomes das páxinas fan que moitas webs suplanten os dominios dos grandes e tiren beneficio diso.

A.R. - 13:20 07/01/2008
O que ofrece a web Vieiros.es

O que ofrece a web Vieiros.es

Todo o mundo errou algunha vez ao escribir un enderezo dunha web. Deses erros viven os 'okupas' da rede, que adoitan gañar cartos grazas aos anuncios, os chats ou os xogos e música que se poden descargar.

Están pola rede páxinas como www.terrra.com, con tres erres, que contén chats online; www.gmmail.com, que no canto de ter o correo de Google (Gmail), contén tamén chats e anuncios de venda de pisos; e www.vieiros.es, que contén anuncios de viaxes.

Unha das okupacións máis sonadas foi a da páxina MarianoRajoy.com, que varias semanas antes das eleccións xerais, en 2004 estaba ocupada por críticas ao político, e certos insultos, que ían mudando cada semana. Xusto antes dos comicios, un tal Mariano Rajoy Guzmán, chileno, labrego e fillo de galegos, empregaba esta web

Os 'okupas' da rede
'Okupas' (ou squatting, en inglés) foi como lles chamou por primeira vez a empresa de seguridade McAfee aos oportunistas da rede. Nun seu informe titulado Que se agocha detrás dun nome? revisáronse 1,9 millóns de variacións dos 2.771 dominios máis coñecidos, e concluíuse que un só usuario ten entre unha e 14 posibilidades de entrar nun sitio tipo squatter, se teclea mal un enderezo. As consecuencias: dende spam até posíbeis estafas.

Como facerse 'okupa' da rede?
Para os okupas da rede a publicidade é o principal substento. Para chegar a facerse cun dominio e poder gañar uns cartos o primeiro paso a dar é mercalo, por 4 euros ao ano (custe de se cubre de seguida coas publicidades).

O usuario errado vai parar á web con erro tipográfico e atopa nela anuncios sindicados, de Google ou Yahoo, por exemplo, xeralmente relacionados cos temas da web que o internauta andaba buscando. Un exemplo: se caes nunha páxina relacionada co iPhone (hai uns 8.000 sitios) aparecen as típicas listaxes de Google de páxinas comerciais, relacionadas co teléfono de Apple. Se clicas nunha das ligazóns, o okupa gaña 0,034 euros (uns 8,17 dólares ao ano). Neste caso, é ademais Apple quen paga por redirixir o tráfico dende o dominio falso á páxina oficial da compañía.

Outro dos xeitos de gañar cartos é o spam: estas webs tentan facerse cos correos electrónicos dos usuarios para enviar spam, do que tamén se obteñen importantes ingresos.

Moi preto da fraude
Outro dos obxectivos deste tipo de páxinas é comercializar produtos ou tentar atraer clientes creando confusión entre marcas. Ademais, moitas destas webs teñen banners de páxinas para adultos e de contidos sexuais (o gran negocio da rede), que ás veces suplantan webs con contidos para nenos.

As páxinas máis prexudicadas son as relacionadas con xogo, coas liñas aéreas, medios de comunicación, contidos para adultos, tecnoloxía e web 2.0. Para as compañías é moi complicado levar aos responsábeis destas webs aos xulgados, posto que case nunca se sabe quen son.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: