Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
CANSEI DE SER SEXY

Retiran do 'top' de YouTube un vídeo que se convertera no máis visto de xeito fraudulento

O clip, montado por un afeccionado, recibira máis de 4 millóns de visitas nun día.

Redacción - 12:55 07/03/2008
Unha imaxe do vídeo do grupo brasileiro

Unha imaxe do vídeo do grupo brasileiro

O portal YouTube retirou do primeiro posto da listaxe dos vídeos máis vistos unha peza do grupo brasileiro Cansei de ser sexy que chegara a liderar a clasificación histórica de xeito fraudulento. O clip, non oficial, de baixa calidade de imaxe e feito por un afeccionado italiano, recibira máis de catro millóns de visitas en apenas 24 horas.

Aínda que o vídeo non foi retirado, xa non se atopa na lista dos máis vistos de todos os tempos en YouTube, que encabeza o mítico "Evolution of Dance", con case 78 millóns de visitas.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: