Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
En Tui, o 26 de xullo

Todo listo para o V Cuatriatlón da Raia

É o único de todo o Estado que transcorre por circuíto urbano. Son 700 metros nadando e 18 km en bici, 3 remando e 7 correndo.

Redacción - 11:05 04/07/2008

O vindeiro 26 de xullo, ás 18:30 horas sairá do Paseo Fluvial de Tui o V Cuatriatlón de carácter popular, que comezará cos 700 metros a nado. Logo veñen os 18 Km en bicicleta polo Paseo Fluvial, o Parque do Penedo, o Conxunto histórico de Tui, o Paseo da Corredera, os Xardíns de Troncoso, e a Alameda (o mesmo percorrido será o da carreira a pé, que pechará a proba cos seus 7 quilómetros); despois veñen os 3 quilómetros na piragua, seguidos dos 7 de carreira a pé, que pecharán a proba.

Igual que nas 4 primeiras edicións, desta volta o Cuatriatlón de Tui Gran Premio Orange volve descorrer por circuíto urbano (é o único de todo o Estado con estas características) e ten o seu punto central no Paseo Fluvial de Tui á carón das instalacións do Club Náutico San Telmo, onde serán instalados os boxes, a liña de saída así coma a meta desta competición.

Uns poucos datos...
O percorrido é o mesmo para os deportistas individuais como para as parellas. Na participación individual establécense tres categorías; dúas masculinas e unha feminina, mentres que en parellas hai unha única categoría. O trofeo que reciben os gañadores é un trevo de catro follas representando as catro modalidades deportivas que se practican nesta competición. A proba foi creada hai cinco anos pola, A Asociación de Monitores de Tempo Libro "Vagalume", e desenvólvese coa axuda da Federación Galega de Triatlón, o Concello de Tui e o Xacobeo.

A presentación de todo o programa farase a vindeira segunda feira, ás 13:00 horas no CGTD de Pontevedra.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: