Espantan o descenso os vigueses, que de paso responden con éxito á petición do presidente de adicarlle a vitoria pola morte de seu fillo.
Choiva de goles por terras andaluzas, onde os celtistas confirman a boa racha e a promesa de recuperación de forma, cunha nova vitoria. Para apañar os puntos, os vigueses tiveron que suar ben a camiseta, xa que malia adiantárense até tres veces no marcador, o Córdoba forzou a máquina celtista a dalo todo deixa o final.
Logo do 2-4 no minuto 83 a cargo de Dinei, heroe da noite con dous tantos, o cordobés Yordi furou a porta céltica apenas tres minutos máis tarde. Incerteza e medo así durante algo máis de cinco minutos, con vantaxe mínima, pero satisfacción final cando o árbitro concedeu o final do partido. O cadro vigués conseguía deste xeito sumar triunfo co que afasta dos postos de abaixo e empata a puntos con varios equipos na zona media da táboa. Ademais, os celestes responden tamén exitosamente á adicatoria que pretendían realizarlle ao presidente do clube e súa familia despois da morte de seu fillo, Juan Camilo Mouriño, nun sinistro aéreo en México hai poucos días.