Só se cubrirán 100 dos 102 asentos que ten o Parlamento, xa que a diáspora non vota dende 1999 para poder elixir os seus dous representantes.
As presidenciais serán en 2010
Máis de medio millón de electores inscritos están chamados este domingo ás urnas na Guiné-Bissau, para as eleccións lexislativas ás que concorren concorren 19 partidos e dúas coalicións, informa a axencia Lusa,. O novo goberno substituirá o executivo de xestión liderado por Carlos Correia, disolto en agosto e que só durou tres meses.
Aínda que está previsto na lei, a comunidade guineense na diáspora non vota -non o fai dende 1999-, ficando o parlamento incompleto, xa que dous dos 102 escanos da cámara están reservados aos cidadáns que viven en países europeos e africanos.
As fronteiras marítimas, terrestres e aéreas permanecerán pechadas dende as 00.00 horas deste domingo deica ás 24.00, por motivos de seguranza, explicou a Comissão Nacional de Eleições. Segundo as informacións da Lusa, nas que cita o xefe dos observadores da UE, Johan Van Hecke, os comicios decorrían con normalidade até o mediodía.
"Vou facer o posíbel para cumprir, estou moi confiado na vitoria", dixo Carlos Gomes Júnior, líder do maior partido do país, o PAIGC. En fronte ten o PRS, que lidera Kumba Ialá, segunda forza en importancia.