O Club Atletismo de Tui organiza o Maratón do Baixo Miño, que volve coincidir co campionato galego de maratón.
A XIV edición da Maratón do Baixo Miño servirá para coñecer os campións galegos da modalidade. A carreira disputarase en Tui o domingo día 23, dende as 08.30, e correrá polas localidades de Golán, Ponte da Amizade e Vilanova de Cerveira.
A maratón é organizada polo Club de Atletismo Tui e está dividida nas modalidades de júnior, promesas, sénior e veteranos. O corredor de Cambre Eleuterio Couceiro Eirís tratará de revalidar o título acadado o ano pasado como campión galego, mentres que o título da Maratón do Baixo Miño deféndeo o asturiano Lisandro Díaz Lobo.