O primeiro inaugura o 1 de maio a súa mostra, e o segundo chegará en outubro coa súa nova proposta.
O Marco vai mudar este ano a súa habitual proposta de ofrecer mostras colectivas, presentando dúas interesantes exposicións individuais de dous autores con moito futuro. A primeira é a do provocador Santiago Sierra, que chegará o 1 de maio, ocupando toda a planta baixa do museo. Previamente, os días 28, 29 e 30, poderase visitar (de oito da mañá a once da noite) unha acción laboral que anticipa a mostra.
O 29 de maio inaugurarase 'Living Together. Estrategias para la convivencia', producida polo Centro Cultural Montehermoso de Gasteiz e comisariada polo seu director Xabier Arakistain e por Emma Dexter. Pare ver a exposición do galego Jorge Barbi haberá que agardar até o mes de outubro.
No Marco haberá tamén música, cos concertos de Sinsal: Black Dice, teloneiros de Animal Collective, estarán o 4 de maio, e a actuación da banda de pop californiano Wavves e do trío Indómitos terá lugar o 30 de maio.