"Era mellor cando os medios querían dar a impresión de seren plurais, esa comedia necesitaba de certas formas de respecto", contaba para Vieiros hai tres anos.
Javier Ortiz
"Faleceu onte de parada cardio-respiratoria o escritor e xornalista Javier Ortiz. É algo que el mesmo, autor destas liñas, sabía moi ben que sucedería, e que por iso puido prognosticar, porque non hai nada máis inveitábel que morrer de parada cardio-respiratoria. Se segues respirando e o corazón latexa, non che dan por morto".
Así deixou escrito o propio periodista o seu obituario, publicado na súa bitácora, JavierOrtiz.net, un espazo xornalístico persoal que foi pioneiro no contorno estatal e durante anos un dos blogs máis lidos. As columnas de Ortiz podían lerse na actualidade no diario madrileño Público. Agudo analista, prestixioso columnista e experto coñecedor do escenario político vasco, o xornalista de orixe galega faleceu este luns.
Durante unha das súas visitas a Galiza, en 2006, Vieiros tivo a oportunidade de conversar de vagar con el. Poden ler aquí a entrevista: "Nun proceso coma este hai que concederlle certa marxe á outra parte"