Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Na Coruña

Dez anos de porno catalán e en Galiza de momento pornomillo

Entre o 5 e o 7 de xuño o festival Eros Galicia reúne todo tipo de espectáculos, con presenza da industria do país. Para cando porno en galego?

Redacción - 14:00 26/05/2009

Cando acabamos de coñecer por Vilaweb que o porno en catalán acaba de facer 10 anos, en Galiza seguimos a agardar por contidos deste tipo na nosa lingua, como xa se vén reivindicando dende hai tempo dende o blogomillo. Quizais unha ocasión para comezar a andar ese camiño será a exposición Eros Galicia, que abrirá o 5 de xuño na Coruña e onde a industria do país terá un espazo importante.

Durante tres días, e dividido en tres áreas temáticas (mulleres, swingers e BDSM), o certame acollerá máis de 60 artistas e 50 empresas de toda Europa. Os voceiros desta primeira edición do festival erótico serán o director de cine X galego Totó García e os actores, tamén galegos, Yara Lamas e David Galant.

No recinto amosarase o mellor cine para adultos do momento, a arte erótica galega máis innovadora e as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías. O público poderá participar en concursos e actividades, e mesmo haberá audicións para procurar novos talentos no mundo do porno.

As produtoras X Canal, Negro y Azul, a portuguesa Cats e a galega Pornoaburrirse.com contarán con cadanseu escenario, onde presentarán espectáculos eróticos e concursos coa participación do público. A mítica actriz de orixe húngara Cicciolina será convidada de honra ao certame, onde cantará e ofrecerá unha performance.

Tamén haberá áreas temáticas: unha para mulleres, coas actuacións dos Beat Boys; BDSM, coa dómina Ama Monika, e Swinger, con Bruno e María, presentados como a parella máis liberal do Estado Español, e galega.

A oferta complétase cunha zona comercial, unha exposición de pintura do artista Branda e a rodaxe en vivo dun filme X.


3,25/5 (12 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: