Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
FEBLEZA

Denuncian que a “crispación” dificulta o avance do galego nas empresas

Lingüistas que traballan co mundo empresarial resaltan que a Xunta non dá axudas para a normalización dende hai cinco anos.

Redacción/EP - 13:00 23/08/2009

A actual “crispación política” arredor da lingua galega  está a ser un atranco para o impulso da nosa lingua no mundo empresarial.  Esta é a opinión de Antón Lado, da empresa 'Reverso', especializada en servizos lingüisticos a empresas.  En declaracións a Europa Press, Lado apunta outra dificultade engadida a inexistencia de subvencións para a normalización das empresas, que non se convocan dende hai cinco anos.

No que respecta á polémica lingüística, Lado afirma que “esta crispación prexudica, porque bota para atrás a xente que ten un discurso ético sobre as linguas, que se sustenta na ética do traballo. Certo discurso, condiciona certos usos e unha persoa que quere abrir unha empresa en galego, verase influída pola situación en que se atope. Ante esta crispación, botarase para atrás"

Dende Reverso alertan que no medio da confrontación atópase un tecido de pequenas empersas que demandan recursos en galego e que apostan por unha comunicación multinlingüe para chegar a todos os seus clientes potenciais e que vén como periga a súa estratexia empresarial.

Avances na normalización do mundo empresarial
Lado cre que nos últimos anos houbo avances importantes no uso do galego na empresa, especialmente a nivel oral. Porén, subliña que polo de agora só o 17% da documentación das empresas se redacta na lingua autóctona. Salienta o “paradoxo” de que sexan as empresas radicadas en municipios urbanos as que mellor “actitude” teñen cara un maior uso do galego na súa comunicación co cliente.

A empresa Reverso forma parte da plataforma empresarial IRI, que agrupa empresas análogas de Cataluña e Euskadi. Con respecto á situación nestes dous países, Lado sinala que a concepción plurilingüe está moito máis asentada xa que dende a administración hai esforzos para lograla, algo que sinala que non estivo a suceder en Galiza.


5/5 (18 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: