Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
VI edición do Festival Internacional

Aire fresco na cita co documental en Tui

A cinematografía empata este ano coa arte de Antón Lamazares e Manolo Paz na apertura do Play Doc.

Redacción - 13:30 17/03/2010

"O cinema documental non só detén o tempo e reflícteo, senón que nos devolve o que o tempo, aparentemente de xeito irreversible, arrebatáranos (...) Mentres estaba sentado nesa sala de cinema de Tui a miles de quilómetros do meu fogar, esperando a que comezase a película, sentín coma se regresase de novo a aquel cinema da miña infancia". Así o escribe Audrius Stonys, prestixioso realizador lituano de documentais, e destacado representante da chamada escola postsoviética, convidado o ano pasado no Play-Doc.

'Horizontes sen dono', dos realizadores Nayra e Xavier Sanz, e arredor do pintor dezao Antón Lamazares, abre a sección oficial deste Play-Doc que se estenderá até o próximo domingo día 21. O proxecto inclúe conversas con amigos e parentes do artista e tamén con outros creadores. Tamén pegada artística inclúe 'Un mar de pedra', traballo de Manu Paz e Xacobo Sanmartín que repara na traxectoria do escultor Manolo Paz. O documental debulla o proceso creativo do cambadés e o seu vencello coa pedra.

O Play-Doc programa completo na web do Play-Doc


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: