Esta exposición, que puidemos ver na Galería Sargadelos de Compostela do 5 ao 15 de marzo, reúne textos de María Reimóndez e fotos de Paco Vila Barros sobre a experiencia de Implicadas no Desenvolvemento en Karaikal (sur da India) despois da Tsunami. Ademais, foi presentado o libro-deuvedé interactivo co mesmo título editado por Xerais. Esta cativa xoga nunha randeeira en Karaikal (sur da India).