Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

O rexurdir do millo corvo

A Asociación Socio-Cultural, Deportiva e Xuvenil de Meiro presentou na Galería Sargadelos de Pontevedra o V Encontro Degustación do Millo Corvo, que terá lugar nesta aldea de Bueu o vindeiro día 30. O pregoeiro desta festa de recuperación cultural, histórica e etnográfica dun producto natural e ecolóxico, que foi sustento durante séculos dos habitantes desta zona, será, nesta edición, o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín.

- 10:55 16/03/2003
Tags:

PROGRAMA

28 de marzo

Muiñada toda a noite

30 de marzo do 2003

12.00 horas.- Presentación da revista “A Lingua do Corvo” e da unidade didáctica “A aventura do Millo Corvo na aldea de Meiro”.

12.30 horas.- Pregon a cargo de X.L. Méndez Ferrín

12.45 horas.- Actuación das pandereiteiras da A.F.C. O Fiadeiro

17.30 e 19.00 horas.- Actuación da Banda de Gaitas A Manxadoira

Ademáis haberá degustación de pan, empanadas, tartas e bicas feitas con millo corvo, visitas guiadas ao Muiño da Presa e obradoiros de oficios artesans.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: