A familia de Xosé Couso considera “unha permanente provocación” as declaracións dos membros do goberno e do PP sobre a morte do cámara ferrolán. Os familiares amósanse especialmente molestos polas palabras de Eugenio Nasarre, coordinador de Estudios e Formación do PP, quen asegurou que unha comisión parlamentaria de investigación para esclarecer as mortes de Couso e Anguita “carece de sentido e non ten xustificación”. A indignación da familia medrou polas declaracións da ministra Ana del Palacio, quen afirmou repecto á morte de Xosé Couso que “aínda no caso de que fose o erro dun blindado, non é unha cuestión como para condenar a un país, non ten entidade desde o punto de vista do goberno”. A familia pediulle á ministra de Exteriores que rectifique esas afirmacións.
.