Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Estréase en Vigo a peli de Shin Chan

Este venres 27 de xuño, estréase en Vigo e en toda Galiza o filme Shin Chan na procura das bolas perdidas, con tódalas copias distribuídas en galego.

- 08:22 27/06/2003
Tags:

A Mesa pola Normalización Lingüística saúda esta estrea cinematográfica no noso idioma, froito das suas xestións coa TVG e coa distribuidora, Luk Internacional. O presidente desta asociación en defensa da língua, Carlos Callón, sostén que “deberia facer-nos reflexionar o feito de que sexa unha asociación quen teña que facer as xestións para que podamos ver estes filmes en língua galega”, en alusión ao traballo feito pola Mesa para conseguir estas estreas, e acusa á Xunta de Galiza de “deixadez de funcións”, lembrando que tanto en Catalunya como en Euskadi hai unha implicación dos gobernos autonómicos para conseguir estas dobraxes. “En Galiza só obtivemos o apoio da TVG, mentres a Dirección Xeral de Política Lingüística ollaba para outro lado”, recorda.
Callón salienta tamén a predisposición favorábel da distribuidora, Luk Internacional, quen estrea en galego apesar de carecer aqui do grande apoio institucional que ten para distribuir nas linguas das outras nacións do Estado. Por iso, A Mesa fai tamén un chamamento a enviar cartas de felicitación á distribuidora, ao seguinte enderezo:

Sr. Presidente
Luk Internacional
Roselló, 208, 3º-1ª
08008 Barcelona

O Presidente da Mesa considera tamén que “outras distribuidoras deberian reparar nos resultados da estrea de Shin Chan. Estamos certos de que este filme pode axudar a destruir moitos preconceitos sobre o suposto rexeitamento do público ás estreas no noso idioma”.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: