Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Podes votar de novo por Shin Chan

Os representantes da plataforma Nunca Máis na comarca realizarán este martes día 22 un referendo simbólico sobre a concesión das Medallas de Galicia a Álvarez Cascos e Loyola de Palacio. Así, aqueles que na enquisa correspondente de Vieiros optaron por outorgarlla a Shin Chan ou aos voluntarios que limparon o chapapote terán a opción de falar de novo a través das urnas.

- 11:48 22/07/2003
Tags:

Medallas de Galicia para o ministro de Fomento, Francisco Álvarez Cascos, e a comisaria europea de Transporte, Loyola de Palacio. A cousa segue a dar que falar. Así, a plataforma Nunca Máis na comarca convoca para este martes un referendo de cara a coñecer a opinión dos cidadáns ao respecto.

Deste xeito o colectivo colocará unha mesa informativa e unha urna na praza de Armas, en horario de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00. Os votantes deberán indicar nas papeletas se están dacordo coa concesión das medallas e, no caso de non estalo, a quen llas terían outorgado. Se cadra os resultados son semellantes aos da enquisa de Vieiros...

Sobre a concesión destas medallas a Álvarez Cascos e de Palacio un dos voceiros de Nunca Máis na comarca sinalou que este foi "un acto de desagravio" e de "burla ao pobo galego", xa que estes dous dirixentes "son os que máis tiveron que ver coa non solución da catástrofe do Prestige".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: