A canle autonómica comunicou a súa intención de deixar de emitir de Shin-Chan ao remate de 2005 debido ás polémicas que espertou dende o primeiro momento a serie de debuxos xaponesa. Outra das medidas que vai adoptar a TVG será a de modificar o horario de emisión da serie que dende o vindeiro 9 de maio se pasará a partir das 21.30 horas.
No mesmo comunicado no que facía este anuncio a Televisión de Galicia recalcaba a responsabilidade dos pais canto aos contidos que os menores ven na televisión. Actualmente a TVG emitía Shin-Chan a partir das das 20.00 horas xa que a serie non se recomenda para rapaces menores de 13 anos. Aínda así unha das últimas polémicas arredor de Sinosuke Nohara destapouna a pasada fin de semana un informe vigués arredor dunhas actitudes violentas observadas nunha escola infantil a partir de imaxes da teleserie de debuxos.
Por esa razón a Televisión de Galicia decidiu equiparar o horario de emisión de Shin-Chan co das outras autonomías que o emiten: a televisión canaria (a partir das 20.30 horas) e a segunda canle autonómica andaluza (a partir das 21.00 horas).