Unha compañía adicada ás relacións públicas e vencellada ao Pentágono vén facendo peneira de intelectuais e líderes relixiosos, especialmente sunís, con potencial influencia no seu contorno, para o deseño de campañas que favorezan entre os cidadáns a aceptación da ocupación estadounidense. Poden ampliar no New York Times. E contámoslles de paso que o goberno Bush decidiu pechar o financiamento da reconstrución iraquí e non lle asignará máis orzamentos a esta tarefa cando en 2006 se esgoten os fondos iniciais. Paradoxalmente, eses cartos supostamente destinados a infraestruturas básicas, desde estradas até sanidade, foron logo destinados a plans de seguridade e proxectos militares no país. Revela a información o Washington Post.