Perda de diversidade biolóxica, erosión acelerada de solos, contaminación de auga con pesticidas e herbicidas... Son algunhas das acusacións que a Asociación pola Defensa da Ría guinda contra Norfor, integrada no grupo Ence, criticando que a súa xestión de plantacións de eucalipto é "claramente insustentábel" e está producindo un grave impacto nas áreas forestais do país. Denuncian tamén que está "por tras dos danos á economía forestal" debido á súa política de derrube dos prezos da madeira". Poden ampliar no Canal Verde.