Hai máis de vinte anos, o 10 de febreiro de 1985, celebrábase o Festival en Solidariedade cos Traballadores de Astano.
"Non é un simple problema laboral, é un problema de país". Así o subliñaban desde o comité de empresa de Astano, cando hai máis de vinte anos, o 10 de febreiro de 1985, se celebraba o Festival en Solidariedade cos Traballadores de Astano, no pavillón da Malata. Pasou o tempo e mudaron os nomes, pero o naval segue sufrindo en Ferrolterra de indiferenza e cambadelas ao seu potencial.