Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O GOBERNO VASCO CRITICA A "INXUSTIZA" CO DIARIO

Catro anos desde o peche "sen probas" do Egunkaria

"Un medio de comunicación foi pechado e un grupo de persoas posto baixo sospeita sen que existiran probas para tal acusación, tal e como deixou claro agora o fiscal". Lembrábao esta semana a voceira do goberno vasco, Miren Azkarate, ao fío do peche do único diario en éuscaro, o Euskaldunon Egunkaria, do que se cumpren agora catro anos. En declaración institucional, o executivo vasco cualifica a situación de "insólita" no ámbito europeo.

- 12:28 23/02/2007
Tags:

En catro anos unha medida xudicial "tan excepcional" como é o peche dun medio de comunicación non foi aínda resolta pola administración de Xustiza. Así se queixou esta semana o goberno vasco en comunicado oficial, destacando que este "feito inxusto" se produciu por "impulso político". Ao respecto, na súa intervención diante dos medios, a portavoz do goberno, Miren Azkarate, lembrou as palabras do ex presidente José María Aznar "cando unha vez que os xuíces pechaban diarios afirmaba crían que non nos iamos atrever?"

De forma concreta Azkarate quixo lembrar a Martín Ugalde, quen pasara enfermo os seus últimos días baixo "unha acusación da que non podía defenderse" e que morreu coas contas embargadas. Tamén se referiu ás denuncias por torturas e agresións presentadas por algúns dos afectados, queixándose de que as denuncias realizadas en concreto polo director do diario, Martxelo Otamendi, "seguen sen investigarse" e nin sequera un xuíz o chamou aínda para tomarlle declaración.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: