Segundo os datos do Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil, en 2006 houbo trece mil denuncias por diferentes delitos relacionados co medio.
Máis dun cento dos detidos en Galiza no último ano por esta área da Garda Civil debéronse a incendios forestais presuntamente intencionados. Do resto, un total de dezaseis foron presos por diferentes ilegalidades que tiñan que ver coa ordenación do territorio, oito máis pola realización de vertidos, cinco polo manexo de residuos ilegais, tres por maltrato de animais, dous por caza ilegal e outros dous por construcións sen licenza a pé de costa.
A nivel estatal, no mesmo período foron detidas 930 persoas e o Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil, Seprona, realizou até 153 mil actuacións relacionadas. Residuos, incendios ou obras están entre as infracións máis comúns.