Os colectivos de Alemaña, Austria, España, Flandres, Francia, Suecia e Suíza amosan nun comunicado o seu rexeitamento contra os cambios propostos no Consello europeo do 21, 22 e 23 de xuño.
Segundo ATTAC, estes cambios non solucionan ningún dos problemas económicos, sociais, democráticos e ecolóxicos, e por iso propoñen unah serie de principios necesarios para que o Tratado sexa efectivo e democrático. Apuntan á necesidade de que o Tratado saia dunha Asemblea elixida por sufraxio universal, na vez dunha Conferencia Intergobernamental "cunha axenda xa decidida e coas mans atadas previamente por intensos cambalaches diplomáticos e negociacións opacas".
Un aumento do orzamento europeo, a aposta polos maiores niveis posíbeis en materia social e fiscal, o control monetario ou a redución do consumo enerxético son algunhas das propostas de ATTAC para avanzar cara a Europa "social, democrática e ecolóxica".