Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No concello de Muras

A Cidade da Cultura constrúese con pedra dunha canteira ilegal

A explotación, denunciada por Adega, pertence a un familiar do ex-alcalde de Ortigueira, e acadou un contrato co Goberno Fraga para fornecer a obra do monte Gaiás.

Redacción - 14:00 15/08/2007

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) presentou unha denuncia perante o Seprona contra unha explotación de cuarcita no concello de Muras. A entidade emprega os mesmos argumentos da Dirección Xeral de Urbanismo, que en decembro de 2006 ditou unha resolución de paralización inmediata da actividade, por carecer de licenza.

Segundo Adega, a canteira tivo un trato de favor do anterior Goberno, por ter consentido a actividade sen os permisos pertinentes, por ter retirado a súa localización da Rede Natura e por ter subscrito importantes contratos con ela, como a construción da residencia do Presidente da Xunta e a Cidade da Cultura.

Todos os detalles en Canal Verde.


4,9/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: