Mario Terán, o sarxento boliviano autor do disparo que terminou coa súa vida foi operado o ano pasado.
Mario Terán, o sarxento boliviano autor do disparo que terminou coa vida de Ernesto Che Guevara beneficiouse recentemente dun programa do goberno de Cuba, que ofrece tratamentos gratuítos da vista en toda América Latina.
Segundo informou a pasada semana a BBC, médicos cubanos que traballan en Bolivia operaron a Terán para corrixirlle un problema ocular.
A intervención foi realizada o ano pasado, mais non transcendeu até agora, momento en que o fillo de Terán escribiu unha carta a un xornal boliviano para agradecerlles aos médicos cubanos que lle devolvan a vista ao seu pai.
"Catro décadas despois de que Mario Terán intentara destruír un soño e unha idea, Che Guevara regresa para gañar outra batalla", afirmaba o diario Granma cando se coñeceu a nova.