Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Voz galega desde Chiapas (2)

De saídas e traballos

Crónica de Iván Prado, director da caravana solidaria de Pallasos en Rebeldía, un ano máis en Chiapas.

Iván Prado - 11:20 28/12/2007

Hoxe é o día. Partimos coa cordinadora de formación nunha longa viaxe en redila, que por suposto imos encher de anécdotas, ensaios, música festiva e, ás veces, bastante rebeldeā€¦

Rumbo a Tila e á zona alta de chiapas, onde existe o maior número de paramilitares de méxico e onde as comunidades zapatistas seguen a ser vítimas da represión e a impunidade paramilitar, pola nosa banda son moitas as emocións as que, a modo de fervenza, desbordan esta caravana.

En Joljá non hai ninguén esperándonos, nin promotores nin o coordinador que ten a tarefa de artellar todo o traballo. Despois de varias horas de ensaios improvisados baixo un sol de morte, chega o compa e podemos deixar as cousas no galpón que, como da outra vez, fará de casa para mestres. Un baño rápido no río e, con certa fame no bandullo, preguntamos como facer para comer, xa que fai máis de doce horas que non comemos nada...

Os compas están preocupados porque non chegaron os promotores para a formación e temos que esperar para o outro día e ver se poderemos facer o previsto. Agora, mentras escribo, danos a unha martelando e serrando as madeiras dos zancos dun curso que non sabemos se daremos, pero as ganas e as alegrías non nos abandonan.

Na casa na que nos deron de cear, a dona que me lembraba da outra caravana veunos recibir á porta e a darnos bicos sonoros. As súas palabras foron tan milagrieras para o noso ánimo como os frijoles con ovos e café que despachamos nun abrir e pechar de ollos: “Moito nos alegraches na outra visita, quedamos tristes cando marchaches coas pallasadas. Estamos esperando que volvas pronto.” Eso dito por unha muller chol tradicional ten un mundo de significado para nós.

E aínda que polo camiño á cea os compas nos falaron dos últimos atentados dos paramilitres, feridos de bala, intento de incendio de cooperativas zapatistasā€¦, no meu interior resoan con moita esperanza as palabras que un dos comandates do comité clandestino revolucionario indíxena me deu antes de marchar esta mañá. Sen paliacate nin pasamontañas explicoume que eles apoian totalmente o noso traballo, e que cren que xa é hora de que se enlisten os compas que queiran formar parte dos pallasos indixenas zapatistas: “a outra vez que actuaron aquí foi moi importante para nós, habia moita tensión na comunidade e as compañeiras xa se olvidaran de rir. Necesitamos alegría no corazón para poder seguir na loita”.

Nesas andamos, alegrando o corazón que loita.


Ligazóns

5/5 (6 votos)

Novas relacionadas


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: