Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Para aniquilar o PKK

Turquía lanza unha gran ofensiva terrestre no Curdistán iraquí

Estados Unidos foi informado da operación -que cualifica de "duración limitada"-, non así o goberno de Iraq.

Redacción - 13:42 22/02/2008

O Exército turco lanzou na tardiña desta quinta feira (19.00 horas, unha hora menos en Galiza) unha ofensiva terrestre, con apoio aéreo, no norte de Iraq co fin de atacar as bases dos rebeldes do Partido dos Traballadores do Curdistán (PKK), segundo informou o Estado Maior turco.

Na operación participan arredor de 10.000 efectivos. O Exército de Estados Unidos confirmou esta operación de "duración limitada" e o goberno de Iraq asegurou que non foi informado.

"As forzas armadas turcas, que conceden gran importancia á integridade territorial e á estabilidade de Iraq, regresarán a casa no menor prazo posíbel en canto os seus obxectivos sexan alcanzados", sinalou o Estado Maior nun comunicado difundido a través da súa web.

Danos colaterais
"Turquía deu garantías de que fará todo o posíbel para evitar danos colaterais a civís inocentes ou a infraestruturas curdas", afirmou nun comunicado un portavoz do comando estadounidense en Bagdad, o almirante Gregory Smith.

A Unión Europea e Estados Unidos expresaron a súa preocupación pola posibilidade de que unha importante ofensiva transfronteiriza desestabilice a rexión, mais non criticaron as intervencións a pequena escala efectuadas nos últimos dous meses.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: