 
 
Case unha cuarta parte dos telespectadores, 288.000 persoas, seguiron o programa da TVG.
O debate entre Alberto Núñez Feijoo, Emilio Pérez Touriño e Anxo Quintana, que se emitiu pola Galega, foi o programa máis visto o mércores pola noite en Galiza, con 288.000 espectadores, o que supuxo o 24% das persoas que estaban a ver a televisión nese momento.
 
 O espazo de carácter político fíxolle fronte con éxito á dura competencia que supoñía o partido de fútbol que ofrecía Telecinco, que quedou cun 23,5%, os filmes de Antena 3 (19,7%), e da 1 (18,4%) e a serie Anatomía de Grey, en Cuatro (14,9%).
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto