Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Na Cruz da Cancela, en Riotorto

Os residuos dunha canteira emporcallan o Turia e destrúen unha ponte

Adega esixe a paralización da mina e que a empresa repare o estragado, e recorda que a canteira non conta con licenza municipal definitiva.

Redacción - 09:00 30/04/2008

En días pasados e despois das fortes choivas, os entullos saídos da canteira de Hergaya, na Cruz da Cancela (no Concello de Riotorto), encheron o Turia, afluente do río Eo, e arrasaron con tres quilómetros de canle, levando por diante vexetación de ribeira e mesmo unha ponte.

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, Adega, presentou denuncia no Seprona, recordando ademais denuncias precedentes diante do propio Concello e tamén na Dirección Xeral de Urbanismo. Segundo sinalan os ecoloxistas, esta actividade mineira incumpre a lexislación urbanística e debe ser paralizada de inmediato. Apuntan ao respecto que a normativa vixente prohibe as canteiras a pé dos ríos, e critican que se tentase pasar por riba da lei declarando esta ribeira como "solo rústico forestal". Entre outra ducia de requirimentos legais aquí incumpridos, recordan ademais que a Confederación Hidrográfica non autoriza a ocupación da zona de servidume do río nen a afectación á vexetación de ribeirao ou que tamén a Confederación Hidrográfica e a Declaración de Impacto Ambiental obrigan a construir balsas de decantación ás que conducir as escorrentías da zona de explotación antes do seu vertido ao río.


5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Zona de servidume e vexetación de ribeira unha vez iniciada a explotación
Zona de servidume e vexetación de ribeira unha vez iniciada a explotación
A zona de servidume do rego do Turia cando se estaba iniciando a explotación
A zona de servidume do rego do Turia cando se estaba iniciando a explotación
Zona da canle do río onde pode verse a colmatación que acadou
Zona da canle do río onde pode verse a colmatación que acadou