Manuel Vázquez considera que haxa atrasos nun proceso destas dimensións e asegura que aínda que o plan é importante ,"Galiza aínda o é máis".
Manuel Vázquez sinalou que os técnicos da Consellaría de Medio Ambiente están a agardar por Industria para avaliar as concesións eólicas. Diante dos xornalistas, Vázquez subliñou que dende o seu departamento van “colaborar, apoiar, opinar e valorar” as propostas de adxudicación da Consellaría de Industria. O conselleiro afirma que os técnicos van dar garantías medioambientais ao proceso porque “o plan eólico é moi importante pero Galiza aínda é máis”.
Porén, Vázquez é favorábel a darlle o “tempo preciso” á mesa de avaliación, xa que, se non é así, “será moi difícil” estudar os proxectos que concorren. Na mesma liña que Touriño, o conselleiro xustificou o atraso de Industria debido ás “dimensións” do proceso onde os prazos son “orientativos”. Afirmou que “dez días máis ou menos non preocupan” se iso serve para darlle “garantías” ao proceso.