Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AS LUCES SOBRE AS SOMBRAS

Os xornais de EUA publican novos casos de tortura que poñen en apretos á CIA

Axentes secretos simularon unha execución e empregaron un taladro para conseguir a confesión dun preso.

Redacción - 10:30 23/08/2009
Tags: CIA torturas

Dous dos principais xornais dos EUA, o 'The Washington Post' e o 'The New York Times', publicaron esta fin de semana novos casos de prisioneiros torturados pola CIA. Segundo as informacións, que están a ter unha importante repercusión mundial, axentes da central de intelixencia emplearon unha pistola para simular unha execución no interrogatorio  de Abd al Rahim al Nashiri, que estaba acusado de ser o suposto cerebro dun atentado que lle custou a vida a 17 soldados norteamericanos no Iemen en 1999.

Al Nashiri, que foi detido a finais de 2002, estivo preso nunha cadea segreda da CIA durante catro anos e foi vítima do chamado “waterbording” (unha tortura na que se simula que se vai afogar ao prisioneiro). Nos mesmos interrogatorios os axentes empregaron un taladro para atemorizar ao detido.

Agora, un tribunal federal ordeou a publicación dunha versión censurada do informe segredo, logo dunha demanda da Unión Americana polas Liberdade Civñis, unha organización que denunciou sistematicamente as torturas durante o mandato Bush.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: