Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CAMBIO DE POLÍTICAS FISCAIS

Zapatero aumenta o IVE ao 18% e elimina a dedución fiscal dos 400 euros

O executivo español agarda que isto lle sirva para recadar 11 mil millóns de euros máis para facerlle fronte a un escenario de máis crise.

Redacción - 14:57 26/09/2009
Tags:

Diante dunha situación de crise excepcional hai que tomar medidas excepcionais, esta é a teoría que defende o executivo de Rodríguez Zapatero. Por iso, este mesmo sábado o Consello de Ministros acordou propoñer eliminar a dedución de 400 euros no IRPF e máis elevar dous puntos o IVE (que pasaría na maioría dos produtos de consumo, a partir de xullo, do 16 ao 18%). Ademais, auméntase a triburtación por aforros do 19 ao 21%. Por todos estes conceptos, o goberno español agarda recadar perto de 11 mil millóns de euros.

Os orzamentos, que agora deben ser referendados polo Congreso, teñen como máxima, segundo o propio goberno, unha contención do gasto “sen precedentes” (3,9%) en todas aquelas partidas que non sexan de políticas sociais. A vicepresidente segunda do goberno español, Elena Salgado, cualificou os presupostos de “austeros” e dixo que buscaban o “reequilibrio das contas públicas”. Tamén confiou en que sirvan para que a partir de 2010 comece a recuperación do emprego.

Rajoy:"Máis déficit, máis paro e máis impostos"

Dende o PP , Mariano Rajoy xa se apurou a dicir que os orzamentos e os cambios na política fiscal  só van traer “máis déficit, máis paro e máis imposto”. O líder dos conservadores foi especialmente duro coa subida do IVE e sinalou que esta é a demostración de que o goberno de Zapatero vai subirlle os impostos a todos e non ás clases altas.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: