Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Denuncia da Federación Ecoloxista Galega

Unha canteira ameaza no Suído zonas de alto interese ambiental

Adenco, Asemblea do Suído e a FEG presentaron alegacións ao proxecto. A explotación freará a ampliación pendente na área protexida.

Redacción - 10:35 20/03/2010

Para os ecoloxistas é un exemplo máis de como "o atraso e a desidia" da administración coa prometida ampliación da Rede Natura 2000 provocará "consecuencias graves" para outro espazo de elevado interese ambiental. "A Xunta levanta a veda para a especulación no monte", denuncian desde a Federación Ecoloxista Galega (FEG).

A queixa concreta ten que ver neste caso cunha canteira no Coto de Eira, que lle afectaría ás ampliacións do Lugar de Interese Comunitario (LIC) Río Tea e ao novo LIC Serra do Suído, na provincia de Pontevedra. A empresa Minor Galicia SL proxecta no lugar unha explotación mineira, no lugar de Prado de Arriba, nos límites dos concellos de Covelo, Fornelos de Montes e Mondariz. Os terreos son propiedade da Comunidade de Montes Veciñais de Ventín, que xa manifestou o seu rexeitamento ao proxecto, do mesmo xeito que o propio concello de Fornelos de Montes, que tamén presentou alegacións, ao igual que fixeron os colectivos Adenco, Asemblea do Suído e a FEG.

Os ecoloxistas pídenlle á Xunta que prevaleza o interese xeral do monte comunal sobre o interese privado da explotación mineira, ademais do interese público de conservación dos valores naturais e culturais do Coto de Eira. "Os planos e os proxectos de explotación superpóñense ás necesidades de ordenación do territorio e conservación do patrimonio natural e cultural galego", lamentan.


5/5 (16 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: