Critica que o perfil do incendiario sexa "varón rural e desintegrado" por seren estes os autores "máis facilmente identificábeis".
Emilio López Pérez
O delegado da Consellaría de Medio Rural en Lugo, Emilio López Pérez, pediu este martes que se investiguen as posíbeis "conexións especulativas" que pode haber detrás dos incendios forestais de hai un ano en Galiza . "É un problema cunha transcendencia suficiente como para investigar a fondo", defendeu.
En referencia á crise incendiaria en Grecia, onde o seu goberno apuntou nesta senso, López Pérez advertiu de que "cómpre ter en conta que pode haber moitos incendiarios con intereses criminais de facer dano e con intereses nada lexítimos". "En Grecia recaen as sospeitas sobre intereses especulativos. En Galiza existe tamén un grande cúmulo de causas na causa dos incendios", apuntou.
López Pérez admitiu que "non ve lóxico" que en Galiza "só se fale do perfil do incendiario como un varón do rural e desintegrado". Para López Pérez, este é o perfil dalgúns "incendiarios, precisamente daqueles que é máis doado de identificar".
O delegado de Medio Rural fixo fincapé noutras motivacións tras os incendios. Así, recordou que mesmo houbo "sabotaxes" a máquinas en Pontevedra, "non hai moito tempo". Por iso, concluíu que non se trata de "delincuentes calquera". "Hai cousas que merecen ser investigadas a fondo", insistiu.